Inicio Carballo ao día Hemeroteca Empresarios do sector do automóbil...

PÓÑENSE POR PRIMEIRA VEZ Á VENTA VEHÍCULOS SEN CARNET

Empresarios do sector do automóbil reúnense esta fin de semana nunha nova edición de Berocasión

Venres 31 de agosto do 2007

Os empresarios carballeses que participarán nesta nova edición de Berocasión, para a que aseguraron ter moi boas previsións de venda e asistencia, estiveron acompañados, na presentación do seu programa, por Evencio Ferrero, alcalde do Concello de Carballo, e Xosé Manuel García Guillín, concelleiro de Promoción Económica.

Berocasión vaise celebrar esta fin de semana en horario ininterrompido de 10:00 a 21:00 horas no campo de San Martiño, que se converterá en escenario de venda de vehículos nacionais e/ou de importación, industriais, sen carnet, todoterreos... todos eles de segunda man. Os empresarios que exporán os seus vehículos nesta feira ofertarán aos posibles compradores unha garantía mínima de un ano, campañas de financiamento que van dende os 50 euros ao mes, información sobre as mellores ofertas das aseguradoras e un longo etcétera de vantaxes, incluída a posibilidade de recoller coches usados.

A entrada ao recinto de Berocasión será gratuíta.

Compartir: