Inicio Carballo ao día Hemeroteca Continúa aberto o prazo de...

O PROGRAMA VAI DIRIXIDO A TODOS/AS OS/AS VECIÑOS/AS DO CONCELLO MAIORES DE 60 ANOS

Continúa aberto o prazo de inscrición do programa de exercicio físico para maiores

Xoves 20 de setembro do 2007

Este programa de exercicio para maiores consiste na realización de 2 ou 3 sesións semanais, de entre 30 e 45 minutos, de actividade física para maiores e ten como obxectivos manter un nivel suficiente de capacidade xeral, mellorar a saúde reducindo o risco de desenvolver ou padecer de novo determinadas doenzas e mellorar a seguridade persoal ao facer exercicio. Isto conseguirase mediante a realización de exercicio aeróbico, de acondicionamento muscular e de flexibilidade, de baixo impacto oseoarticular.

Poderán ser beneficiarios/as os/as veciños/as de Carballo que sexan maiores de 60 anos e que non presenten ningún tipo de contraindicación para facer exercicio físico.

Compartir: