VENRES 21 E SÁBADO 22 DESETEMBRO NA CERVEXERÍA DUBLÍN A PARTIR DAS 22:00 HORAS
Rock e exposicións fotográficas no X aniversario do festival Xiriapop
Xoves 20 de setembro do 2007
O cartel de Xiriapop inclúe tamén no seu programa dúas exposicións fotográficas, a do compostelán Janite, gañador do concurso do patrocinador do FIB 2007, e a do artista valenciano Borja Gorostiza.
No acto de presentación do cartel de Xiriapop estiveron presentes Evencio Ferrero, alcalde de Carballo; Xavier Graña, en representación da organización do festival; Marcos Trigo, Concelleiro de Xuventude; e Belén Lendoiro, Concelleira de Cultura.
Marcos Trigo, encargado de abrir a presentación, resaltou a repercusión que está tendo o Xiriapop a nivel tanto nacional como internacional, destacando o prestixio que está a conseguir nos circuitos especializados de música rock, engadindo que este festival atende a un xénero musical moi demandado pola xuventude carballesa.
Belén Lendoiro, Concelleira de Cultura, aproveitou a ocasión para felicitar á organización de Xiriapop polos dez anos que leva en pé este festival, que amosa xa a consolidación dun traballo que foi gañando en calidade cos anos, convertendo a Carballo nun referente grazas á súa variada oferta cultural.
O rexedor municipal, Evencio Ferrero, quixo lembrar os inicios deste festival e recordou que Xiriapop é posible grazas á persistencia de Xabier Graña, que creeu dende o primeiro momento neste proxecto, acadando a súa consolidación e situando a Carballo no mapa dos circuítos musicais do xérero rock.
Xabier Graña, en representación da organización do festival, agradeceu o apoio prestado, á posta en marcha de Xiriapop, do Concello de Carballo, da Deputación Provincial da Coruña, das Consellerías de Cultura e Deporte e de Innovación e Industria e do Xacobeo.Cartel de luxo con The Pirates e Bap KennedyO programa da X edición de Xiriapop ten como protagonistas á banda inglesa The Pirates, aínda en forma a pesar de levar en activo dende o ano 1959 e que pode presumir de ter levado como abreconcertos nos seus comezos a The Beatles, e ao irlandés Bap Kennedy, que conta cunha banda composta por algúns dos músicos que tocan con Van Morrison.