Inicio Carballo ao día Hemeroteca Comezaron as obras na área recreativa da...

O PRESUPOSTO DESTA OBRA ASCENDE A 60.000 EUROS

Comezaron as obras na área recreativa da praia de Razo

Xoves 20 de setembro do 2007

O presuposto que se destinará á creación desta nova infraestrutura, que se enmarca no proceso de mellora de servizos que o Concello de Carballo está a levar a cabo, ascende a 60.000 euros. Con ela, o equipo de goberno local quere facer da praia de Razo-Baldaio, algo máis ca un lugar de baño, converténdoa tamén nun cento de lecer e nun referente natural de aprendizaxe, respecto e desfrute para todos os carballeses/as, incluíndo as persoas con problemas de mobilidade e outras minusvalías. Deste xeito, o Concello de Carballo contribuirá unha vez máis a mellorar a integración social de todos os seus veciños/as.

O conxunto desta obra vai contar con:

  • Un columpio de dúas prazas
  • Un mini-columpio de dúas prazas
  • Un xogo infantil de dúas torres, tobogán e ponte
  • Un balancín de resorte con silueta
  • Un balancín con forma de tartaruga de 4 prazas
  • Unha mesa con banco
  • Xogos de area para nenos/as con minusvalías
  • Unha caseta e tobogán para nenos/as con minusvalías

Compartir: