CAMPAÑA DE CONTROL DE VAOS
A Concellaría de Tráfico inspecciona a colocación irregular de vaos permantentes
Martes 25 de setembro do 2007
O departamento que xestiona o concelleiro Benedito Viña Costa ordeou levar a cabo esta inspección xa que a colocación irregular destes vaos incumpre a normativa municipal nesa materia e non prohibe, en ningún caso, que os vehículos estacionen fronte a eles. Ademais, constitúe unha infracción á Lei de tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial e ao Regulamento Xeral da Circulación.
Ao remate desta inspección os titulares de vaos que non conten coa autorización municipal debida recibirán nos seus domicilios unha orde para que estes sexan retirados, en caso contrario instruiráselles un expediente sancionador e imporánselles multas coercitivas.
Dende esta concellaria infórmase de que as persoas que desexen contar cunha reserva de entrada e saída a un garaxe deberán presentar no concello a correspondente solicitude. No caso de que esta sexa de dimensión reducida (de 5 vehículos ou menos) a normativa específica que se debe cumplir é de carácter menor. Deberán, en todo caso, presentar xunto coa solicitude un plano de superficie do garaxe e contar cun extintor, ventilación natural, instalación eléctrica entubada, etc...