BALANCE MENSUAL
O Grumir atendeu 33 emerxencias durante o mes de setembro
Luns 1 de outubro do 2007
No tocante ás emerxencias destacan, das que este grupo tivo que realizar no Concello de Carballo, 15 por accidentes de tráfico e limpezas, ao que hai que sumar 1 saída por excarceración en Cances, outra por un incedio urbán, 1 máis pola busqueda dunha persoa desparecida, 3 por incendios forestais, 4 por limpezas de estrada, 1 por un incendio nun contenedor, 1 por un accidente laboral e 2 por mor de atropeios.
No que respecta ao resto das intervencións realizadas polo Grupo Municipal de Intervención Rápida de Carballo durante o pasado mes de setembro, no que hai que sinalar que colaborou co Parque de Bombeiros en 7 ocasións, destacan as 9 intervencións relacionadas co medio ambiente (retirada de animais), 4 para o reparto de auga e 19 de servizos varios nas praias. Ademais, o Grupo Municipal de Intervención Rápida invertiu 20 actuacións en labores de mantemento dos equipos e da base.
Durante o mes de setembro, o GRUMIR de Carballo participou tamén, en colaboración co Parque de Bombeiros, nun incendio dun alpendre en Coristanco e noutro dun vehículo en Laracha. Así mesmo, acudiu tamén a apagar un lume forestal no concello de Cabana.