Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Brigada de Medio Ambiente inicia unha nova...

A CONCELLERÍA DE SERVIZOS PUXO TAMÉN EN MARCHA A LIMPEZA DE BEIRARRÚAS

A Brigada de Medio Ambiente inicia unha nova limpeza do entorno da Férveda de Entrecruces

Venres 5 de outubro do 2007

Os traballos de limpeza da Férveda de Entecruces inclúen o acondicionamento do seu entorno, onde se sitúan a capela e a fonte de San Paio, e supoñen o inicio dunha campaña dirixida á limpeza de lavadoiros e fontes que se irá extendendo ao total das parroquias carballesas.

Na mesma orde de cousas, a Concellaría de Servizos comezou tamén en Berdillo a limpeza de beirarrúas no rural, un traballo que nas próximas datas se levará a cabo no total do territorio rural do municipio.

Compartir: