Inicio Carballo ao día Hemeroteca Membros da brigada de Medio Ambiente traballan na...

RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO NATURAL DE CARBALLO

Membros da brigada de Medio Ambiente traballan na limpeza das beiras do Anllóns entre A Ponte e o Bosque do Añón

Luns 8 de outubro do 2007

Continuando cos labores de limpeza reiniciados nos últimos días co acondicionamento da férveda de Rus, os operarios municipais da brigada de Medio Ambiente comezan agora coa limpeza das beiras do Anllóns entre A Ponte e o Bosque de Añón, un dos lugares máis frecuentados polos carballeses dende hai moitas décadas e espazo no que se celebra cada ano a romaría das festas do San Xoán.

Os traballos que se están a levar a cabo responden á necesidade, entre outras actuacións, de cortar a herba para permitir aos viandantes que desfruten do paseo nas mellores condicións e realízanse con regularidade por parte dos operarios municipais co fin de preservar e por en valor o patrominio natural do concello.

Esta actuación, así como outras abordadas nos últimos meses (entre elas a colocación de dispositivos de ximnasia para os maiores ou a adxudicación das obras da terceira fase do paseo fluvial), enmárcase nun proxecto contínuo de recuperación e posta en valor do río Anllóns que ten como obxecto converter as súas ribeiras nun espazo de ocio, saúde e contacto coa natureza para os carballeses.

Compartir: