Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo celebra este venres e sábado a...

OS ENCONTROS DESPUTARANSE NOS PAVILLÓNS BERGANTIÑOS E ZONA ESCOLAR

Carballo celebra este venres e sábado a terceira edición do Torneo de Basket Festas do Pilar

Martes 9 de outubro do 2007

Ao acto de presentación do cartel da terceira edición deste torneo asistiron, en representación do Concello de Carballo, o alcalde, Evencio Ferrero Rodríguez, e o Concelleiro de Deportes, Marcos Trigo Facal. Por parte das entidades que colaboran para facer posible a celebración deste evento deportivo asistiron Francisco García Bello, director xerente do Padroado Deportivo Municipal; Diego Vázquez, responsábel da sección de Baloncesto da Asociación Deportiva Xiria; Joaquín Moreira, representante do Centro Artai; Ramiro Cerviño, vicepresidente da Asociación Galega de Vítimas do Terrorismo; e Iolanda Cobelo, en representación da tenda deportiva D-Tres.

Os encontros deste torneo desputaranse entre as 10:30 e as 21:00 horas do vindeiro venres, no caso de alevíns, infantís e cadetes, e o sábado 13, e entre as 10:00 e as 19.00 horas no caso da competición de minibasket, que xogarán os máis cativos. As instalacións nas que terán lugar, así como as que se empregarán para uso dos participantes, serán o pavillón Zona Escolar, pavillón Bergantiños e o comedor do CEIP.

Os partidos desputaranse co seguinte horario o día 12:

No pavillón Bergantiños:

  • 10:30-Selección alevín masculina-Básquet Coruña
  • 12:00-Selección alevín feminina-Artai infantil feminina
  • 13:30-Selección infantil masculina-Xiria cadete masculina
  • 16:00- Selección alevín masculina-Artai infantil masculina
  • 17:30- Selección alevín feminina-Calasancias
  • 19:00- Selección infantil masculina-Artai+C.B.Laracha cadete masculina

No pavillón Zona Escolar:
  • 10:30-Selección infantil feminina-Artai cadete femenino
  • 12:00-Selección cadete masculina-Montelfre Xiria
  • 13:30-Selección cadete feminina-Básquet Coruña
  • 16:00- Selección infantil feminina-Congelados Oso Polar Cee
  • 17:30- Selección cadete masculina-Congelados Oso Polar
  • 19:00- Selección cadete feminina-Calasancias

A entrega dos trofeos terá lugar no pavillón da Zona Escolar ao remate do último partido, aproximadamente ás 21:00 horas.

O sábado 13 o programa desenvolverase do seguinte xeito:
  • 10:00-13:30. Partidos de 3x3 no pavillón de Bergantiños
  • 13:30-15:30.Comida, repartirase un picnica entre os participantes do torneo.
  • 15:30-17:30. Partidos de 3x3 no pavillón de Bergantiños
  • 17:30-18:00. Entrega de recordos e trofeos
  • 18:30-19:00 Desprazamento ao pavillón Vila de Noia (Zona Escolar)
  • 19:00- Partido de Liga EBA Rhino's Xiria-Lan Mobel ISB

Durante a xornada do sábado os nenos/as disporán duns castelos de inchar nos que relaxarse entre os partidos.

Compartir: