Inicio Carballo ao día Hemeroteca A brigada de Medio Ambiente aborda a limpeza de...

MANTEMENTO E LIMPEZA DE PISTAS

A brigada de Medio Ambiente aborda a limpeza de pistas forestais como medida de prevención de incendios

Mércores 10 de outubro do 2007

Continuando cos labores de limpeza reiniciados nos últimos días co acondicionamento do entorno da férveda de Rus e das beiras do Anllóns entre A Ponte e o Bosque de Añón, a brigada de Medio Ambiente aborda tamén nestes días a limpeza das beiras das pistas forestais, uns traballos que xa remataron en Rebordelos e que se levan a cabo nestes momentos no Castelo, en Vilela. Próximamente esta intervención, que conta con precedentes en campañas similares realizadas anteriormente polo actual equipo de goberno, ampliarase ao resto das parroquias carballesas.

Os traballos realizados polo servizo de limpeza viaria do Concello fanse de xeito regular co obxectivo de manter un Carballo limpo e ofrecer mellores servizos á cidadanía. Neste caso concreto, e tendo en conta as condicións metereolóxicas das últimas semanas, a proximidade destas pistas e camiños a zonas de arboredo e matogueira ten a vantaxe engadida de que servirá como medida de seguridade e prevención de incendios forestais.

Compartir: