Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os operarios de Aspaber-Ute iniciaron a recollida...

VEÑEN DE COLOCAR UN TOTAL DE 54 PAPELEIRAS NAS RÚAS DO CENTRO URBANO

Os operarios de Aspaber-Ute iniciaron a recollida de bancos para proceder ao seu pintado

Xoves 11 de outubro do 2007

Os labores que están a levar a cabo os operarios de Aspaber-Ute consisten no lixado e pintado dos bancos que están situados en parques, xardíns, prazas... da vila, unha actuación que estes traballadores levan a cabo no seu centro da Brea, a onde os trasladan para prodecer ao seu adecentamento antes de volver a colocalos no mesmo lugar do que prodecían.

Estes traballos, que supoñen a continuación dos realizados cos bancos do paseo do río Anllóns, forman parte dun plan de acondicionamento do mobiliario urbano que están a desempeñar con eficiencia os operarios de Aspaber, ao tempo que demostrán ao resto da cidadanía que as persoas con discapacidade teñen un oco na nosa sociedade, ao mesmo nivel de calquera cidadán.

Á limpeza e repintado destes bancos hai que engadir que estes traballadores procederon tamén nas últimas semanas á colocación dun total de 54 papeleiras no núcleo urbano de Carballo: 2 na rúa do Pan, 1 no Pazo da Cultura, 1 no tanatorio San Antonio, 5 na rúa das Flores; 1 na rúa Flor do Toxo; 2 na rúa das Orquídeas; 2 na rúa Rosas; 2 na rúa Geranios; 2 na rúa Amapola; 1 na rúa Mirtos; 2 na rúa Fábrica; 2 na Ponte da Pedra; 2 na Rúa Arxentina; 10 no Centro Comercial; 11 na rúa Berdillo; 3 no cemiterio; 2 na rúa Perú; 1 na Rúa Lirios; 1 na Avenida Cristina e 1 na rúa Bos Aires.

Compartir: