Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Once dedícalle un cupón a Carballo

HOMENAXE

A Once dedícalle un cupón a Carballo

Xoves 6 de outubro do 2005

"O cupón vaise divulgar por todos os lugares do territoio do estado polo que a promoción que se lle vai facer ao municipio é inmensa. Estamos encantados de que se nos dea esta oportunidade", explicou Ferrero.

A Once dedica dende hai tempo as ilustracións do cupón dos sorteos ordinarios que se celebran de luns a xoves a concellos de toda España que conten con menos de 50.000 habitantes. O deseño dedicado a Carballo reproduce unha fotografía da Casa do Concello, acompañado do mapa de España no que se destaca onde está situado Carballo, e dunha serie de datos xeográficos.

A plancha orixinal de alumnio enmarcada (66,4x52,4cm) que se lle entregou a Evencio Ferrero é unha reprodución exacta da imaxe do cupón e está realizada en placa de aluminio, que é o sistema empregado pola imprenta da Once para emitir os cupóns en papel destinados á venda. "Esta reprodución terá un lugar destacado na Casa do Concello", explicou o alcalde.

Compartir: