Inicio Carballo ao día Hemeroteca Queda aberta ao paso de peóns a rúa...

PROXIMAMENTE TAMÉN SE PERMITIRÁ O ACCESO DE TRÁFICO

Queda aberta ao paso de peóns a rúa Cuba

Xoves 25 de outubro do 2007

A decisión de abrir ao paso de peóns a rúa Cuba, unha das afectadas polas obras de urbanización que se están a levar a cabo no denominado polígono 29 de Carballo, débese fundamentalmente a que se trata dunha vía clave para o acceso de nenos e nenas ao colexio Bergantiños.

Ese é o motivo polo que o Concello de Carballo decidiu permitir o paso por esta zona antes de que rematen as obras e unha vez que estas xa non supoñen ningún tipo de atranco nin perigo para a circulación de peóns.

Próximamente esta rúa tamén quedará aberta ao tráfico.

Compartir: