Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo apoiará con 21.000...

A relación de subvencións concedidas farase pública no taboleiro de anuncios do Concello

O Concello de Carballo apoiará con 21.000 euros ás asociacións culturais do municipio

Venres 2 de novembro do 2007

Poderán solicitar estas axudas aquelas entidades, xuridicamente constituídas, que se atopen rexistradas no Concello de Carballo e que cumplan os requisitos de:

  • Que as súas actividades non persigan finalidades estritamente de lucro
  • Que o ámbito de actuación sexa o termo municipal de Carballo
  • Que teñan a súa sede social no municipio e realicen as súas actividades culturais regularmente no mesmo.
  • Que non teñan pendente de xustificar ningunha subvención ou axuda económica co Concello correspondente a exercicios anteriores.

Estas axudas poderán destinarse á realización de programas de actividades e gastos de infraestruturas, equipamento, mantemento ou xestión da asociación ou dos seus locais sociais.

As entidades que desexen acceder a algunha destas subvencións deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Carballo (preferentemente no rexistro existente no Pazo da Cultura, Rúa do Pan s/n) no prazo de 15 días naturais a contar desde a publicación na prensa local destas bases.

Consulta aquí as bases desta convocatoria para coñecer todo o necesario sobre os tipos de axudas, os criterios de concesión, a documentación a presentar, as obrigas dos perceptores, etc.

Compartir: