Inicio Carballo ao día Hemeroteca Evencio Ferrero e Lourdes Rey concretaron a...

O CONCELLO COMPROMETERUSE A ENVIAR AXIÑA TODA A INFORMACIÓN NECESARIA PARA AVANZAR NO PROXECTO

Evencio Ferrero e Lourdes Rey concretaron a implantación dun novo centro médico coa xerente de Atención Primaria

Sábado 3 de novembro do 2007

No transcurso desta reunión Evencio Ferrero e Lourdes Rey trasladáronlle á xererente de Atención Primaria as preocupacións do Concello de Carballo con respecto a diferentes temas relacionados coa atención primaria e co funcionamento do centro médico carballés, entre eles o problema de falta de persoal médico provocado polas baixas, a falta de especialistas médicos…

Esta entrevista serviu ademais para concretar a pronta implantación dun novo centro de atención primaria en Carballo, unha demanda que é visualizada de igual forma por ambas administracións.

Segundo informou o rexedor de Carballo, durante os vindeiros meses iranse dando pasos para que a construcción deste segundo centro médico sexa unha realidade o antes posible. Evencio Ferrero comprometeuse a proceder en seguida ao envío de información de datos demográficos sobre a poboación do concello ao Sergas para axilizar a posta en marcha desta demandada infraestrutura.

Compartir: