Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello publica un bando para resolver a...

INVENTARIO MUNICIPAL DE BENS

O Concello publica un bando para resolver a titularidade das fincas non rexistradas

Sábado 3 de novembro do 2007

Neste bando, publicado con data de 31 de outubro, o Concello de Carballo sinala que 'Co ánimo de depurar o máis posible os traballos que se están a elaborar, e antes da aprobación polo Pleno do Concello, os propietarios de fincas que non figuren como titulares das mesmas, por non estar rexistrados como tales no Catastro, poderán pasarse pola Casa do Concello coa xustificación documental da súa titularidade'.

Coa finalidade de facilitarlle esta xestión aos propietarios o Concello de Carballo fixou visitas ás diferentes parroquias do municipio nos días laborais que van do 6 ao 22 de novembro de 2007, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. Os interesados tamén poden pasarse pola Casa do Concello para resolver este trámite.

De cara a resolver todas as dúbidas que xurdan entre os veciños con respeto a este tema a Concelleira de Facenda e Patrimonio do Concello de Carballo, María Jesús Vázquez Vázquez, estará presente nos diferentes locais parroquiais, arredor das 10:30-11:00 horas, desde o martes día 6 ata o xoves día 22.Días de atención ao público:ParroquiaLocalDíasHorarioAldemundeLocal social6 de novembroDe 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00SofánCentro social7 de novembroDe 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00BerdilloCentro social8 de novembroDe 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00ArtesCentro social9 de novembroDe 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00Ardaña e RusTeleclube Ramil12 de novembroDe 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00EntrecrucesCentro Social Piñeiro de Abaixo13 de novembroDe 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00SísamoCentro social14 de novembroDe 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00Goiáns CancesCentro social15 de novembroDe 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00OzaEscola16 de novembroDe 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00RazoEscola Nétoma19 de novembroDe 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00Lema-VilelaEscola Lema20 de novembroDe 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00

Compartir: