O CONCELLO RECORDA QUE OS VERQUIDOS NON AUTORIZADOS ESTÁN SUXEITOS A SANCIÓNS
A brigada de Medio Ambiente procede á limpeza de vertedoiros incontrolados
Luns 5 de novembro do 2007
Os traballos que acomenten nestes días os operarios da brigada de Medio Ambiente carballesa son os de limpeza e mantemento de diferentes áreas recreativas, fontes e lavadoiros das parroquias de Rus, Ardaña e Entrecruces, unha labor clave para a protección e a posta en valor do patrimonio natural e etnográfico do concello.
Estas actuacións, así como outras abordadas nos últimos meses (entre elas o acondicionamento do entorno da férveda de Rus, das beiras do Anllóns entre A Ponte e o Bosque de Añón ou das beiras das pistas forestais do concello) enmárcanse nun proxecto contínuo de recuperación e posta en valor do patrimonio natural, histórico e etnográfico de Carballo que contempla ademais o incremento dos espazos de ocio dispoñibles para os cidadáns e cidadás.
Do mesmo xeito, os membros desta brigada proceden tamén nestes días á limpeza dunha serie de vertedoiros incontrolados que foron detectados en diferentes puntos do municipio. A este respecto, o Concello de Carballo quere lembrar aos cidadáns que está totalmente prohibido no termo municipal o depósito de vertido de lixos e residuos en zonas que non sexan as destinadas a tal fin e que os vertedoiros clandestinos serán claururados de inmediato sen prexuízo das sancións establecidas na Ordenanza de limpeza e na Ordenanza de seguridade, salubridade, hixiene, limpeza e ornato de parcelas, solares e edificacións.O servizo de recollida do punto limpo móbil só funciona os primeiros martes de mesAnte a contínua aparición nas rúas de Carballo, fóra do prazo estipulado, de residuos depositados para a súa recollida por parte dos operarios do Punto Limpo Móbil a Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Carballo quere lembrarlle tamén a todos/as os/as veciños/as que a recollida se efectúa só o primeiro martes de cada mes polo que apela á responsabilidade dos cidadáns para que só deixen lixo nas zonas que se determinan para a recollida cando se vaia a proceder á mesma.
O servizo, que ten lugar o primeiro martes de mes, debe solicitarse con alomenos 24 horas de antelación no teléfono 981 701 642.