VISITARON O CAMPO DE FÚTBOL DAS EIROAS
Evencio Ferrero recibiu onte en Carballo ao deputado Xoán Manuel Cabo
Martes 6 de novembro do 2007
Evencio Ferrero acompañou a Xoán Manuel Cabo nunha visita ao campo de fútbol das Eiroas, primeiro dos asuntos que abordaron nun encontro no que falaron tamén doutros temas que afectan ás competencias da área da que Cabo é responsábel na Deputación.
O nacionalista Xoán Manuel Cabo preside a Comisión de Cooperación e Asistencia aos Concellos da Deputación Provincial, que abrangue os expedientes referidos a cooperación ás obras e servicios municipais, asistencia e cooperación xurídica a municipios, asistencia e cooperación económica e técnica a municipios, etc... e participa, en representación desta entidade, na Comisión Mixta Convenio Xunta-Diputación Instalacións Deportivas.