Inicio Carballo ao día Hemeroteca Noite de Reis, do CDG, obra premiada polo...

POR DIANTE DE UR TEATRO E DE SHAKESPEARE WOMEN COMPANY

Noite de Reis, do CDG, obra premiada polo público do Festival Outono de Teatro

Luns 12 de novembro do 2007

Agora que vén de rematar a edición deste ano, a Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo queren agradecer aos patrocinadores e colaboradores o seu apoio ao festival, e ao público o respaldo demostrado coa súa participación nos trinta eventos que conformaron o programa, entre espectáculos de sala e outras actividades paralelas.

A obra do CDG acadou unha puntuación de 4,65 e erixiuse gañadora nas votacións realizadas polos espectadores durante todos os espectáculos de sala. Noite de Reis. Ou o que queirades é un espectáculo baseado na obra teatral escrita por William Shakespeare, aquí adaptada polo polifacético Quico Cadaval, que este ano xa foi premiado co Xoglar de Outono 2007. A montaxe conta cun elenco de actores galegos de longa traxectoria, como Victor Mosqueira, María Bouzas, Susana Dans, Marcos Orsi, Xan Cejudo e Manuel "Pico" Olveira, entre outros.

A segunda compañía clasificada foi Ur Teatro coa obra El chico de la última fila cunha puntuación de 4,45, mentres que a terceira foi a Shakespeare Women Company e o seu espectáculo Julietta, que levou un 4,27. A alta calidade do conxunto dos espectáculos programados vén confirmada polas votos dos espectadores, xa que a puntuación media de todos os espectáculos foi de 4,03 sobre 5.

Compartir: