Inicio Carballo ao día Hemeroteca O mércores colócase a nova rotonda...

ACTUARASE POLA NOITE PARA NON INTERFERIR

O mércores colócase a nova rotonda da Avenida da Milagrosa

Luns 12 de novembro do 2007

Co novo sistema preténdense reducir as dificultades viarias que ofrece a zona, gañando en fluidez para o tráfico e desconxestionando as retencións habituais que se producen nas diversas interseccións e rúas confluentes. A rotonda obrigará a reducir a velocidade dos vehículos, o que tamén disminuirá o antigo problema do risco de choques que afecta a área.

A rotonda terá un carril de circulación, un diámetro de 6,35 metros e un radio de xiro de 11,85 metros. Este radio, axustado aos estándares técnicos -12 metros- fará máis doada a manobra de camións e vehículos articulados en xeral.

Compartir: