Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Concellería de Tráfico...

OS CONTROIS DESTA MAÑÁ NON REXISTRARON INCIDENCIAS

A Concellería de Tráfico continúa coa campaña de sensibilización cidadá

Martes 13 de novembro do 2007

O primeiro dispositivo situouse na Avenida de Fisterra ás 11.45h e mantívose ata as 12.30h. A continuación, os efectivos trasladáronse á Rúa Vázquez de Parga en horario de 12.30h a 13.15h. Na primeira das localizacións realizáronse un total de vinte e sete controis, mentres que na segunda se levaron a cabo vinte e unha inspeccións. En ningún dos casos se rexistraron infraccións nin incidencias menores.

Estes labores forman parte da campaña que dende a concellería se está a promover, a fin de crear conciencia na poboación para reducir o índice de sinistros nas vías públicas. As inspeccións continuarán a realizarse durante os días laborables e manterán a súa atención especial ás noites da fin de semana.

Compartir: