Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os maiores de Carballo vivirán este...

ÁS SEIS DA TARDE NO PAVILLÓN MUNICIPAL BERGANTIÑOS

Os maiores de Carballo vivirán este domingo o seu propio magosto

Martes 13 de novembro do 2007

Aínda que a meteoroloxía non é a dun outono habitual, novembro é tempo de castañas e de magostos. As persoas que desexen achegarse o domingo ao Pavillón terán barra libre de castañas asadas e de refrescos para consumiren durante a verbena. Con actividades coma esta, a Concellería de Terceira Idade pretende ofrecer aos maiores carballeses unha alternativa de lecer amena e saudable, fomentando a participación deste sector da cidadanía en actividades populares e facilitando as relacións entre os seus membros.

O pasado 28 de novembro celebrouse un magosto en San Sadurniño, organizado pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia, no que xa participaron algúns dos nosos maiores. Tanto os que entón viaxaron como os que non o fixeron teñen agora unha nova oportunidade de vivir esta festa popular do mes de outono.

Compartir: