Inicio Carballo ao día Hemeroteca Continúa 'Novembro con...

DANIEL KIRILOV E VERA PAVLOVA INTERPRETARÁN PEZAS CLÁSICAS

Continúa 'Novembro con Música' cun concerto de violín e piano

Mércores 14 de novembro do 2007

A música clásica adquire un protagonismo especial nesta edición de 'Novembro con Música', que é posíbel un ano máis grazas ao traballo da Consellaría de Cultura e Normalización Lingüística e das agrupacións musicais do municipio.

Daniel Kirilov é alumno do último curso de violín do Conservatorio das Pontes. Actualmente participa activamente coa Xoven Orquestra de Galicia, foi convidado a tocar coa Orquestra Sinfónica de Galicia e obtivo varios premios en diferentes concursos. Vera Pavlova é profesora do Conservatorio da Coruña e colabora frecuentemente coa Orquestra Sinfónica de Galicia.

A fin de semana continúa o programa de 'Novembro con Música' co Festival de Corais o sábado 17 ás 21.00h -no que intervirán o Coro Aires de Bergantiños e mais a Coral Polifónica de Bergantiños- e cun concerto En Familia o domingo 18 ás 18.00h, a cargo do Quinteto de corda Pizzicato.

Compartir: