Inicio Carballo ao día Hemeroteca Mellora a circulación na Milagrosa grazas...

EN FUNCIONAMENTO DENDE ONTE Á NOITE

Mellora a circulación na Milagrosa grazas á instalación da nova rotonda

Xoves 15 de novembro do 2007

Tamén houbo tempo para comprobar a manobra de xiro dos camións articulados, con resultados satisfactorios. A rotonda axustouse ás recomendacións técnicas e dispón dun diámetro de 6,35 metros e dun radio de xiro de 11,85. Este radio facilita a súa circunvalación por vehículos de todas as clases, como xa está a suceder dende a súa instalación.

Posto que o xiro obriga á redución da velocidade, a circulación é agora máis ordenada e menos proclive aos choques entre vehículos. Ademais, a suma desta rotonda á glorieta da Rúa do Sol permite prolongar a continuidade viaria nesta zona.

Compartir: