Inicio Carballo ao día Hemeroteca Maiores e pensionistas de Carballo xa poden...

NOVA EDICIÓN DA INICIATIVA DE VICEPRESIDENCIA

Maiores e pensionistas de Carballo xa poden inscribirse na campaña 'Xuntos polo Nadal'

Venres 16 de novembro do 2007

Vén de abrir o prazo de inscrición para a campaña deste Nadal. As persoas que participen gozarán dunha estadía de oito días -do 23 de decembro ao 1 de xaneiro- na residencia de tempo libre do Carballiño (Ourense). O centro ten previsto un amplo programa de actividades para garantirlle a cada participante unhas festas agradables na compaña doutras persoas que comparten a mesma situación.

Os carballeses e carballesas que desexen inscribirse na campaña xa poden cursar a súa solicitude, ben nas oficinas de Asuntos Sociais do Concello ou ben na residencia da Praza de Vigo.

Compartir: