ALUMNOS/AS DE NOVE COLEXIOS ASISTIRÁN Á ACTUACIÓN NO PAZO DA CULTURA
'Un cuarteto divertido' ofrecerá hoxe aos escolares carballeses un concerto didáctico arredor do violín
Luns 19 de novembro do 2007
Un cuarteto divertido está formado por instrumentos da sección de corda que desenvolverán un programa didáctico no que se mostrará a familia do violín. O grupo está composto por catro músicos galegos que desempeñan a súa función artística en diferentes campos musicais. No concerto das 10.00 visitarán o Pazo os alumnos e alumnas do CEIP Canosa-Rus e o Colexio Artai; ás 12.00 horas será a quenda do CEIP Bergantiños.
Neste caso, 'Novembro con Música' achégase aos máis pequenos grazas á colaboración do Concello de Carballo e a Deputación da Coruña. Mañá, mércores 21, a banda repetirá con dúas novas funcións no mesmo horario de mañá. Ás 10.00 asistirá ao concerto o alumnado do CEIP Fogar, mentres que ás 12.00 acudirá o do CEIP Gándara-Sofán (tamén con cativos de 2º curso), o CEIP San Luis Romero, o CEIP Nétoma-Razo, o CEIP A Cristina e mais o quinto curso de primaria do CEIP Fogar.