Inicio Carballo ao día Hemeroteca Ábrese o prazo de inscrición para...

PARA RAPACES E RAPAZAS DE ENTRE 10 E 13 ANOS

Ábrese o prazo de inscrición para participar na "Campaña de esquí 2008"

Xoves 22 de novembro do 2007

Poden participar todas as persoas nadas entre o 2 de marzo de 1994 e o 1 de marzo de 1998, ambos os dous inclusive. As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 10.00 a 13.30 horas, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/92 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Pocedemento Administrativo Común.

No caso de que se rexistren máis solicitudes ca prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público no salón de plenos do Concello o día 21 de febreiro de 2008 ás 13.30h. Os adxudicatarios destas deberán abonar a cantidade de 95 euros.

Todas as dúbidas ou consultas precisas deberán dirixirse ao Concelleiro de Deportes ou ao Animador Deportivo do Concello.

Compartir: