XORNADA INFORMATIVA MAÑÁ ÁS 17.30H NO PAZO DA CULTURA
O programa "Reto da autonomía" axudará aos maiores e as súas familias a previr a dependencia
Mércores 21 de novembro do 2007
"Reto da autonomía" diríxese aos maiores carballeses e as súas familias e está pensado para formar na prevención das situacións de dependencia. O curso, que se denvolverá nas dependencias da residencia de maiores da Praza de Vigo, comezará no vindeiro mes de xaneiro e terá unha duración de tres meses.
Durante o curso ofrecerase un servizo de transporte adaptado para que poidan desprazarse todas aquelas persoas que teñan dificultades de mobilidade.