Inicio Carballo ao día Hemeroteca Colectivos contra a violencia de xénero...

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A LACRA

Colectivos contra a violencia de xénero exporán as súas propostas na Feira das Asociacións do domingo

Mércores 21 de novembro do 2007

A feira forma parte do programa de actividades coas que o Concello quere conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero. As asociacións e colectivos participantes divulgarán os seus proxectos e propostas para combater este grave problema que afecta a nosa sociedade. Na carpa da praza instalarase tamén unha exposición de ilustracións alegóricas cedidas polo artista carballés Mon Lendoiro.

En canto á tarde, ás 19.00 horas comezará o concerto conmemorativo "A voz maquillada", que interpretarán a poeta Estíbaliz Espinosa e os músicos Rupert Twain e Quique Alvarado no Pazo da Cultura.

Co gallo desta conmemoración, o Concello de Carballo fai pública a nota institucional que se adxunta á marxe desta información.

Compartir: