Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Karpin Galicia inicia a súa...

O EQUIPO VISITARÁ MAÑÁ OS CENTROS DE ENSINO DA LOCALIDADE

O Karpin Galicia inicia a súa concentración preparatoria en Carballo

Luns 26 de novembro do 2007

Ás 17.30 terá lugar no Concello unha recepción oficial do equipo por parte da Delegada Provincial de Cultura e Deportes, o Alcalde, o Concelleiro de Deportes e outros membros da corporación municipal. Neste mesmo acto, o Club Ciclista Carballo nomeará Director Honorífico do equipo a Álvaro Pino, director deportivo do Karpin Galicia.

O calendario de actos continuará mañá, martes 27, coas charlas de promoción do ciclismo de base que se desenvolverán nos distintos centros de ensino primario e secundario de Carballo. Estas charlas, que realizan a Concellería de Deportes e o Padroado Deportivo Municipal en colaboración co Club Ciclista Carballo e o Karpin Galicia, contarán coa presenza de Álvaro Pino e Suso Blanco Villar, adestradores do equipo profesional galego, e mais de todos os seus ciclistas.

As visitas organizaranse deste xeito: De 9.30 a 10.30, no CEIP Bergantiños e o CEIP Fogar; de 10.00 a 11.00, no CEIP Nétoma-Razo; de 10.30 a 11.30, no Pazo da Cultura para os centros CEIP A Cristina, CEIP San Luis Romero e CEIP Gándara-Sofán. A visita ao Colexio Artai terá lugar entre as 9.15 e as 11.15.

En canto aos centros de secundaria, as visitas realizaranse entre as 9.00 e as 9.50 nos IES Parga Pondal e IES Alfredo Brañas.

Asistirá o alumnado de 5º e 6º de primaria e mais o dos catro cursos de E.S.O. As charlas estarán enfocadas no ciclismo de base, incidindo sobre todo na educación vial para que os rapaces e rapazas tomen conciencia da importancia da seguridade na estrada cando van en bicicleta. Todos poderán formular as súas preguntas aos técnicos e os ciclistas do Karpin Galicia.

Compartir: