XA REMATADA A PROPOSTA DE MERCASA
O novo proxecto de mercado municipal preséntase mañá ao público
Luns 26 de novembro do 2007
A cita non só quere convocar aos concesionarios do novo mercado, senón á cidadanía en xeral. Desde a Alcaldía e a Concellería de Comercio convídase a comerciantes e persoas interesadas a a asistir á presentación para coñeceren polo miúdo os detalles deste proxecto, que pretende ser un novo referente para Carballo e servir de dinamizador, tanto do comercio como da economíca local e comarcal.
Mercasa é unha empresa pública con acreditada experiencia na remodelación e rehabilitación de mercados minoristas. A proposta da empresa, que no seu momento quixo conxugar as opinións dos técnicos municipais, os concesionarios do mercado e os comerciantes carballeses, abrangue o anteproxecto do nuevo edificio, o aparcadoiro subterráneo e mais a ordenación urbanística do contorno da Praza do Concello.