Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo recibiu a corredores e...

A CONCENTRACIÓN INVERNAL EN TERRAS DE BERGANTIÑOS DURARA ATA O PROXIMO 4 DE DECEMRO

O Concello de Carballo recibiu a corredores e técnicos do Karpin Galicia

Martes 27 de novembro do 2007

A esta recepción, ademais de todo o plantel de corredores e técnicos, entre eles o seu máximo responsábel deportivo (Álvaro Pino), Suso Blanco Villar e José Ángel Vidal, tamén acudiu o ex futbolista Valerie Karpin, patrocinador do mesmo.

Neste acto estivo presente tamén o presidente do Clube Ciclista Carballo, Manuel Seoane, que fixo entrega dunha placa honorífica a Álvaro Pino, director do equipo, en recoñecemento ao seu labor humano e ao traballo que desenvolveu nos últimos anos a prol do ciclismo de base en Galiza.

A concentración invernal do Karpin Galicia en terras de Bergantiños durará ata o vindeiro día 4 de decembro, tempo que aproveitarán os seus corredores para porse a punto para a vindeira temporada ciclista. Neste tempo o corpo técnico do equipo traballará cun cadro, non definitivamente pechado, de dezaoito corredores: Ezequiel Mosquera, Gustavo Domínguez, Marcos Serrano, Carlos Castaño, David Herrero, Juan Mourón, Serafín Martínez, David García, Gonzalo Rabuñal, Ramón Troncoso, Eduard Vorganov, Gustavo César Veloso, David Abal, Delio Fernández, Alejandro Paleo, Jesús Cobelo, Alberto Fernández e a última fichaxe do equipo, Vladimir Isaychev.

Ademais, e en colaboración co Concello de Carballo, está previsto que os mebros do equipo asistan a diferentes charlas educativas dirixidas a fomentar o deporte da bicicleta entre nenos e nenas de Carballo.

Compartir: