Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo conciencia á...

A Feira das Asociacións foi o punto de encontro para a recollida de información

O Concello de Carballo conciencia á cidadanía sobre a lacra social da violencia de xénero

Xoves 29 de novembro do 2007

Os asistentes a esta cita recibiron información sobre as diferentes campañas para erradicar a violencia sexista que están a desenvolver as diferentes asociacións con presenza na comarca de Bergantiños.

Estiveron representadas neste entontro máis de 30 organizacións con implantación na comarca bergantiñá. Asistiron á cita os principais sindicatos galegos e asociacións de diferente índole e ámbito como a Cruz Vermella, Cáritas, Aspaber, Afaber, Adega, Médicos do Mundo, Xóvenes Empresarios de Bergantiños ou Mulleres Queiroa de Bergantiños, entre outras.

O alcalde de Carballo, o nacionalista Evencio Ferrero, inaugurou a Feira das Asociacións lendo unha nota instituacional de condena á violencia de xénero e de asunción desde o grupo de Goberno dun compromiso coa igualdade

Compartir: