Inicio Carballo ao día Hemeroteca Remata o curso de 'Especialista en...

ENTREGARANSE OS DIPLOMAS ÁS 10:00 HORAS NA AULA DE INFORMÁTICA

Remata o curso de 'Especialista en Almacén e Manexo de Carretillas'

Xoves 29 de novembro do 2007

Este curso, que se leva a cabo desde o pasado día 12 de novembro dentro do Proxecto Equal En Plan de Igualdade insírese dentro das iniciativas que as concellarías de Igualdade e Promoción Económica do Concello de Carballo poñen en marcha de forma conxunta co obxecto de mellorar a inserción laboral feminina no municipio facilitandolle ás mulleres unha alternativa de traballo en oficios tradicionalmente ocupados por homes.

Con este curso, de 75 horas de duración, as asistentes adquiriron os coñecementos necesarios para realizar tarefas de recepción e expedición de materiais, así como diferentes funcións asignadas na xestión dun almacén, ademáis das condución e manexo de carretillas para a execución dos traballos propios desta máquina, coa produtividade e calidade requiridas e nas máximas condicións de seguridade.

O acto de peche do curso e máis a entrega de diplomas e carnéts acreditativos será mañá na Aula de Informática ubicada no edificio do Ambulatorio Vello ás 10:00 horas.

Compartir: