REPARTIRÁ PEGATINAS E DÍPTICOS POLOS LOCAIS NOCTURNOS
O Concello de Carballo conciencia contra a SIDA
Venres 30 de novembro do 2007
Unha das principais medidas preventidas para o contaxio da Sida que acometerá o Concello de Carballo será a entrega polos locais de ocio nocturno de pegatinas coa lenda "Previr é Posible", que coincide co lema da campaña. Asimesmo, farase entrega entre a mocidade dos dípticos informativos do Programa Carballo Movida Segura.
Ademais destas medidas, o grupo de Goberno que encabeza o alcalde nacionalista Evencio Ferrero difundirá tamén esta campaña polos centros de ensino de secundario a partir da vindeira semana. A adolescencia, polo tanto, é o sector de poboación ao que vai dirixida fundamentalmente a campaña.
Non obstante, calquer persoa que amose interés polo tema pode recibir información na Casa do Concello, no Pazo da Cultura, no Museo de Bergantiños e nos Pavillóns Deportivos.