COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO E O GRUPO NATURALISTA HÁBITAT
Campaña de erradicación de plantas invasoras
Venres 30 de novembro do 2007
En vista dos bos resultados acadados o pasado día 25 de novembro na loita contra a eliminación da planta carpobrotus, o presidente do grupo ecoloxista Hábitat, Antón Vázquez Corral, volveu a demandar a colaboración do Concello de Carballo para proseguir loitando contra esta especie invasora a través da coordinación de esforzos.
O Concello de Carballo, a través da Concellería de Medio Ambiente, amosou a súa satisfacción polos resultados da primeira fase desta medida, que se desenvolveu a semana pasada na praia da Pedra do Sal. Por este motivo, porá de novo a disposición de Hábitat os medios que o grupo naturalista precisa para continuar con este traballo de protección da flora autóctona.
Así, o domingo día 2, o Concello trasladará ao mencionado areal ás 10 da mañá un contenedor. Catro horas despois e cando esté cheo de restos de carpobrotus, operarios municipais trasladarano á planta da empresa Danigal en Sogama (Cerceda) ao igual que se fixera a semana pasada.