A XUNTANZA SERÁ NO PAZO DA CULTURA A PARTIR DAS 20.00 HORAS
A Comisión das Festas de San Xoán 2008 constitúese o martes día 4
Luns 3 de decembro do 2007
Desde a Concellería de Cultura preténdese renovar a Comisión de Festas incorporando á mesma novos membros que poidan dotala de maior dinamismo. Por iso, o Concello de Carballo convida a esta xuntanza a todas aquelas entidades e persoas que estén interesadas en formar parte deste equipo de traballo.
A constitución da Comisión de Festas é o primeiro paso para a preparación do programa de actos que se desenvolverán, como cada ano, a finais do mes de xuño.