Inicio Carballo ao día Hemeroteca Entréganse as cédulas de propiedade...

CATASTRO DE BENS INMOBLES

Entréganse as cédulas de propiedade de fincas rústicas en Aldemunde e Sofán

Luns 10 de outubro do 2005

O servizo estará aberto ao público no horario sinalado, no local social de Aldemunde o 10 de outubro, na escola de Tarambollo os días 11, 13 e 14 e no teleclube de Sofán os días 17, 18 e 19 de outubro. Unha vez realizada a primeira fase da revisión catastral, os propietarios de fincas rústicas teñen outra oportunidade para revisar e comprobar nos planos que os erros detectados anteriormente están xa corrixidos.

Durante os meses de agosto e setembro entregáronselle as cédulas de propiedade aos veciños de Razo, Oza, Cances, Lema, Vilela, Noicela, Rebordelos, Goiáns, Sísamo, Bértoa, Carballo, Berdillo, Ardaña, Artes, Entrecruces, Rus. O Concello agradécelle aos veciños a súa colaboración neste proceso e prégalle aos propietarios das fincas que acudan a retirar as súas cédulas nos lugares e das datas establecidas.

Compartir: