Inicio Carballo ao día Hemeroteca Un colector soluciona os problemas de exceso de...

A CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA AGRADECE A COLABORACIÓN DOS COMERCIANTES E DA CIDADANÍA PARA MELLORAR A SITUACIÓN

Un colector soluciona os problemas de exceso de lixo na Milagrosa cando hai feira

Martes 11 de decembro do 2007

A Concellería de Promoción Económica procedeu hai aproximadamente un mes á colocación dun segundo colector de obra destinado á recollida do lixo xenerado nas feiras. O lugar elexido foi o barrio da Milagrosa, lugar onde nos segundos, cuartos e quintos domingos de mes se celebra a feira. Concretamente, alí é onde se concentran os postos de venda de roupa, etc; mentras que o tradicional mercado de productos perecedeiros ten lugar na praza do Concello os mesmos días e tamén os xoves.

A primeira medida municipal para solucionar o problema da acumulación de refugallos despois das feiras foi a colocación dun colector na rúa Cervantes, por parte da Concellería de Obras e Servizos, para atender aos postos que se instalan na praza do Concello. En vista do éxito da medida -acadada tamén gracias á colaboración dos comerciantes- o Goberno local de Carballo procedeu á instalación doutro colector cos conseguintes beneficios medioambientais e para a cidadanía.

Desde o Concello de Carballo amósase satisfeito pola notable mellora experimentada na recollida do lixo xenerado pola actividade comercial e prégase aos vendedores/as e ao resto dos cidadáns que sigan a contribuir a manter limpa a vila.

Compartir: