EXISTE UNHA ORDENANZA MUNICIPAL QUE PENALIZA ESTE TIPO DE COMPORTAMENTOS CON SANCIÓNS ECONÓMICAS DE 250 EUROS
O Concello fai un chamamento ao civismo para que se recollan as defecacións de cans da vía pública
Mércores 12 de decembro do 2007
O Concello de Carballo informa á poboación que existe unha ordenanza municipal de 'Usos da vía pública para paseos de animais domésticos' que no seu artigo 13 prevé sancións económicas para este tipo de comportamentos que perturban a convivencia. En concreto, non recoller as defecacións dos cans é unha infracción tipificada como grave e acarrea unha penalización de 250 euros.
Para contribuir a unha mellor convivencia de toda a cidadanía, o Goberno local insta aos veciños e veciñas de Carballo que posúan cans a que, cando os leven de paseo, saian provistos de bolsas de plástico ou papel e recollan as deposicións dos seus animais para depositalas en papeleiras ou contedores de lixo.
Desde a Alcaldía lémbrase que o incumprimento desta norma de conducta básica acarreará sancións económicas para aquelas persoas que sexan sorprendidas deixando as defecacións dos seus cans na vía pública e que o único que se pretende é lograr un Carballo limpo que poida ser desfrutado por todos.