Inicio Carballo ao día Hemeroteca A carreira de campo a través...

A PROBA CONCITOU A MÁIS DUN MILLEIRO DE XOVES DEPORTISTAS CON IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 8 E OS 16 ANOS

A carreira de campo a través sáldase cun gran éxito de participación

Venres 14 de decembro do 2007

A carreira de campo a través do Concello de Carballo celebrouse hoxe cun éxito rotundo de participación. Os máis de mil rapaces e rapaces que tomaron parte na carreira superaron con creces as expectativas iniciais, que situaban a afluencia arredor dos 900 deportistas.

A proba estaba dividida en catro categorías (benxamín, alevín, infantil e cadete) e en dúas modalidades (masculina e feminina). Polo tanto, houbo oito vencedores absolutos, aínda que "o gran triunfador do día foi o deporte", según destacou Trigo Facal, quen recordou os esforzos que se veñen realizando desde a súa concellería nos últimos anos para a promoción do deporte en idade escolar.

A relación de vencedores é a seguinte:
En categoría benxamín impuxéronse Nerea Del Reguero Rodríguez (feminina), do CEIP Fogar e Diego Mallo Cotelo (masculina) do centro Artai. En categoría alevín, os e as mellores foron María Luz Amado Amado, do CEIP Xesús San Luís Romero e Pablo Novo Mariño, do CEIP Bergantiños.

Por outra banda, os triunfadores/as na categoría infantil foron Alba María Manolos Becerra, do IES Parga Pondal e José Manuel Calvo Cancel, do IES Monte Neme. Por último, en cadetes venceron María Varela Rey, do Fogar Triatlón Carballo e Bruno Calvino Mosquera, do IES Monte Neme.

Compartir: