Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello aprobará o día 27 un...

O GASTO EN INVESTIMENTOS AUMENTARÁ EN MÁIS DE 790.000 EUROS E AS ESCOLAS INFANTÍS RECIBIRÁN UN TOTAL DE 1,5 MILLÓNS DE EUROS

O Concello aprobará o día 27 un orzamento de 21,3 millóns de euros, o máis alto da súa historia

Luns 17 de decembro do 2007

A Administración local carballesa aprobará un aumento do gasto en bens correntes e de servizos dun 15,16%, con respecto ao 2007, o que representa adicar case 879.000 euros máis a este apartado ata acadar unha cifra total de 6.673.469 euros. No referente ao Estado de Gastos, este incremento recóllese no apartado II do orzamento, e é consecuencia fundamental da aplicación dun novo criterio contable "por estar incluidos neste capítulo os proxectos técnicos e os gastos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que en anteriores exercicios fuguraban no capítulo VI, según explican fontes do Goberno municipal. Este aumento tamén se explica pola aplicación do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) aos contratos, sumnistracións e axustes precisos entre partidas, "sobre todo no apartado de mantemento e conservación".

O apartado I -gastos de persoal-, o orzamento para o 2008 presenta un incremento de 48.200 sobre o pasado exercicio, que se xustifica, entre outras cousas, polo vencemento de trienios e polo incremento do persoal temporal. Tamén polo aumento do persoal funcionario dos policías, polas retribucións básicas e complementarias e pola entrada en vigor da lei 4/2007 do 20 de abril, que regula a coordinación das Policías Locais da Comunidade Autónoma de Galicia. O gasto total adicado a persoal acadará os 5.790.749 euros.

No capítulo III (intereses), auméntase o gasto en 13.156 euros, ata acadar un total de 219.427 euros, circunstancia motivada pola suba de intereses. Por outra banda, o gasto derivado das transferencias (título IV) mantense practicamente igual. No vindeiro ano, o Concello adicará 1.076.071 euros, menos de 9.000 euros máis que en 2007. Neste apartado incorpórase o convenio de participación no Eixo Atlántico e tamén se incrementa a subvención adicada á prevención de drogas.

En canto ao capítulo VI (investimentos) o orzamento recolle un incremento de 790.194 euros, que supón unha mellora superior ao 14% con relación ao 2007, "sendo esta cifra moi superior á previsión do Plan Económico cuatrienial. Esta inversión adicarase ás escolas infantís (1.500.000 euros), á urbanización de polígonos, a un edificio no polígono industrial, a instalacións deportivas, ao plan seguridade viaria e ao acondicionamento de parques infantís, entre outras actuacións.

No apartado VII do orzamento referido a gastos (transferencias de capital a outras Administracións) está prevista a transferencia de 120.000 euros para cumprir o convenio coa Consellería de Política Territorial para o acondicionamento da Travesía de Malpica.

No capítulo de anticipos ao personal (VIII) non hai variacións con respecto ao 2007 (47.659 euros) e no IX (amortización de capital nos préstamos) rexístrase unha diminución de case 270.000 euros sobre o orzamento pasado. Esto débese ao vencemento do préstamo de refinanciamento con Caixa Galicia do ano 1996 no primeiro trimestre de 2008. Tamén ao remate do crédito concedido ao Concello pola mesma entidade bancaria -número 12.920-9- concedido no 1996.

En canto ao Estado de Ingresos, este apartado está igualado aos gastos no orzamento para o 2008 cun total de 21.307.416. No capítulo I (impostos directos) a recadación diminúe levemente, un 0,98%, ata situarse en 5.169.000 euros. No II (impostos indirectos por contratación de obras) aumenta en 300.000 euros, un 35,29% ata acadar uns ingresos totais por este capítulo de 1.150.000 euros.

O título III (taxas municipais) rexistra o aumento dos ingresos (un 44,44%) máis destacable nos orzamentos do Concello para o vindeiro ano 2008. A recadación por este capítulo ascenderá a 2.128.927 euros cunha variación positiva de 613.023 euros. Este aumento débese fundamentalmente "ás cuotas de urbanización dos convenios de cooperación dos polígonos aprobados".

As transferencias correntes, recollidas no apartado IV, aportarán ao Concello uns ingresos adicionais sobre o 2007 de 806.251 euros, o que supón un incremento do 9,25%. Este aumento explícase "polas transferencias orixinadas en servizos sociais, COTOP e Sociedade da Información". A cifra total situarase en 9.521.402 euros. Os ingresos por patrimonio (V) rexistrarán tamén unha importante suba do 24,42%, que representa 32.000 euros máis. Por este concepto, a Administración municipal ingresará 163.039 euros no 2008.

Nos apartados VI (enaxenación de bens) e VIII (activos financieiros), non haberá variacións con respecto ao orzamento do ano 2007. No primeiro caso prevense uns ingresos de 600.000 euros e no segundo de 47.659 euros. Por último, no capítulo VII (transferencias de capital) o Concello ingresará un 13,34% menos que no pasado exercicio cun total de 2.527.388 euros. Esta variación negativa "é debida ao remate do programa de desenvolvemento rural AGADER".

Compartir: