DESENVOLVERASE NO 2008 E PERMITIRÁ TRÁMITES ADMINISTRATIVOS ON-LINE E A IMPLANTACIÓN DUN SISTEMA XEOGRÁFICO DE INFORMACIÓN
O Concello deseña un proxecto tecnolóxico de vangarda para a xestión municipal
Martes 18 de decembro do 2007
O pioneiro proxecto, según avanzou García Guillín, conta con dúas vertentes. Por unha banda, ofrecerá un sistema de xestión da oficina técnica da área de Urbanismo que, unha vez posto en funcionamento, axilizará e fará máis efectivo o seu traballo. Por outra banda, desenvolverase un 'xeoportal' ao que se accederá a través da web do Concello.
As persoas interesadas en empregar este servizo poderán realizar diferentes trámites administrativos coa oficina técnica. "Esta iniciativa situará a Carballo na vangarda estatal en canto á aplicación das novas tecnoloxías á xestión municipal", aclarou o concelleiro de Promoción Económica. Tamén permitirá que a cidadanía comunique ao Concello as necesidades de prestación de servizos en tempo real por medio de internet, sin necesidade de ter que desplazarse fisicamente ata as oficinas.
Neste sentido, poderanse consultar datos ou realizar determinados trámites relativos ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), solicitar a reserva de espazos públicos para desenvolver actividades, informar sobre posibles deficiencias no alumeado ou na xestión de contedores, e un longo etcétera.
A segunda vertente do proxecto ofrecerá un servizo de localización de puntos de interés da xeografía carballesa e apoiarase nun Sistema de Información Xeográfica (SIG) aplicable mesmo ao Google Earth. Deste xeito, calquera persoa poderá ter información inmediata sobre a localización exacta dun local comercial en concreto, un edificio, un parque...
Desde o Concello destácase a utilidade desta ferramenta para poder realizar todo tipo de estudos comerciais ou estadísticos sobre Carballo e, en definitiva, para dinamizar a actividade enconómica do municipio.