Inicio Carballo ao día Hemeroteca Sergio Caamaño e Manuel García...

ADEMAIS CONCEDEU CADANSEU ACCÉSIT A ALEJANDRO COSTA, ELENA FARIÑA, AARÓN BALDOMIR, LUCÍA MIRANDA E DAVID CASTRO

Sergio Caamaño e Manuel García recibiron o premio á mellor postal e cartel de Nadal

Mércores 19 de decembro do 2007

Na presente edición, resultou premiada a postal elaborada por Sergio Caamaño Torres, de 5 anos, que cursa os seus estudos na EEI Taboada-Entrecruces. Como en anos anteriores, o Concello realizará as súas felicitacións navideñas con esta postal. Por outra banda, o cartel gañador foi o presentado por Manuel García Varela, de 4 anos, do CEIP Nétoma-Razo. Ambos traballos foron seleccionados entre os máis de 500 e o segundo ilustrará a programación municipal do Nadal Cultural.

"Sempre da moita satisfacción ver a ilusión tremenda que lles provoca aos pequerrechiños recibir un premio", asegura Belén Lendoiro, quen engade que o acto de hoxe supón o inicio oficial da programación do Nadal Cultural, "aínda que algunha actividade, como a exposición de fotografía xa está aberto".

Ademais destes dous premios, o Concello de Carballo concedeu os seguintes accésits:
Alejandro Costa Pombo, 4 anos, do CEIP A Cristina.
Elena Fariña Rodríguez, 5 anos, do CEIP Nétoma-Razo
Aarón Baldomir Díaz, 4 anos, do EEI Artes-CRA Ponte da Pedra
Lucía Miranda Fraga, 10 anos, do Colexio Artai
David Castro Reigía, 8 anos, do CEIP Nétoma-Razo

Compartir: