Inicio Carballo ao día Hemeroteca Cultura organiza unhas xornadas sobre a historia...

LECER

Cultura organiza unhas xornadas sobre a historia local de Carballo

Luns 10 de outubro do 2005

Coas xornadas Memoria e historia local: o wolframio preténdese achegar os asistentes á historia concreta da comarca de Bergantiños seguindo como fío condutor unha actividade económica que tivo unha grande relevancia no desenvolvemento da zona como foi a explotación do wolframio.

As sesións desenvolveranse os días 26, 27 e 28 de outubro entre as 17.30 e as 20.00 horas, e o sábado 29 de outubro en horario de 09.30 a 14.30 horas. O programa das xornadas é o seguinte:

  • O wolframio en Galiza, por Xan Carmona Badío, catedrático de Historia económica da USC.
  • O wolframio en Carballo e Bergantiños, por Xan Fraga Rodríguez, profesor de Ensino secundario, historiador e coordinador das xornadas.
  • Literatura e wolframio: lembranzas do wolframio en Fontao (Vila de Cruces), por Xosé Neira Vilas, escritor.
  • Cinema e wolframio: documental A febre do wolfram e O tren do wolframio, de Ramón de Fontecho.
  • O museo e o wolframio, por Felipe Senén, arqueólogo e técnico de xestión cultural da Deputación da Coruña.
  • Visita ás minas de Monteneme.

As xornadas están dirixidas ao profesorado de primaria e secundaria e ao público en xeral. Os asistentes recibirán ao remate das sesións un diploma acreditativo, homologado pola Consellaría de Educación e Ordenación universitaria, por 12 horas lectivas.

As inscricións realizaranse no local da As-pg (rúa Laracha, 9 - baixo, A Coruña), no teléfono 981 278 259, ou a través do correo electrónico informacion@as-pg.com. A matrícula é de balde.

Compartir: