Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os traballos de substitución do firme do...

AS OBRAS FORON ADXUDICADAS POR PRETO DE 57.000 EUROS E EMPREGARANSE MATERIAIS AVALADOS POLA FIBA E A IHF

Os traballos de substitución do firme do pavillón de Bergantiños comezaron esta semana

Sábado 22 de decembro do 2007

A calidade do pavimento de linóleo que sustituirá ao desgastado firme do pavillón de Bergantiños está avalado por organismos da talla da Federación Internacional de Baloncesto (FIBA), ou da Federación Internacional de Balonmán (IHF).

O concelleiro de deportes, Marcos Trigo, explicou que a obra "era necesaria porque o anterior pavimento tivo unha carga de uso moi importante e xa se atopaba moi deteriorado". Tamén precisou que o novo firme "ofrecerá un rendemento óptimo para a mellor práctica deportiva e para minimizar o risco de lesión para os deportistas".

Trigo Facal, por último, aclarou que se aproveitará o parón motivado polas obras para realizar diversas labores de mantemento e mellora necesarias na instalación. A previsión é que os traballos rematen a mediados de xaneiro.

Compartir: