DESPOIS DE REMATAR OS TRABALLOS NAS PARROQUIAS DE RAZO E OZA; REBORDELOS, NOICELA E LEMA RECIBIRÁN O SERVIZO EN BREVE
As brigadas de Medio Ambiente proseguen as súas tarefas de limpeza das fontes e lavadoiros
Mércores 26 de decembro do 2007
O labor de limpeza de fontes-lavadoiro non só está encamiñado a facilitar o seu uso público, senón tamén a preservar o patrimonio material do municipio, que no caso das fontes e dos lavadoiros achégase ao número de 200 exemplares.
Estas actuacións, así como outras abordadas nos últimos meses (entre elas o acondicionamento das praias de Razo e Baldaio, do entorno da fervenza de Rus e das beiras do Anllóns entre A Ponte e o Bosque de Añón) enmárcanse nun proxecto contínuo de recuperación e posta en valor do patrimonio natural, histórico e etnográfico de Carballo que contempla ademais o incremento dos espazos de ocio dispoñibles para os cidadáns e cidadás.
Limpeza de beirarrúas
Por outra banda, tres operarias das brigadas da Concellería de Medio Ambiente -responsabilidade de José Antonio Viña- proseguen a súa laboura de limpeza das beirarrúas do casco urbano, operativo que se reforzou nas vacacións de Nadal.
Desde o Concello de Carballo faise un chamamento á cidadanía para que empregue as papeleiras e evite arroxar o lixo directamente ao chan e contribúa así ao mantemento dun Carballo limpo para o desfrute de todos os veciños e veciñas.