Inicio Carballo ao día Hemeroteca Varias máquinas desbrozan xa o terreo no...

AS OBRAS FORON ADXUDICADAS Á EMPRESA CRC POR 10 MILLÓNS DE EUROS E DEBERÁN ESTAR REMATADAS ANTES DE ANO E MEDIO

Varias máquinas desbrozan xa o terreo no que se ampliará o Parque Empresarial

Mércores 26 de decembro do 2007

Aínda que a primeira fase das obras comprende unha superficie total de 718.500 metros cadrados, a Consellería de Vivenda e Solo aclarou hai unhas semanas que as obras que acaban de principiar acometeranse nos 460.000 metros cadrados "xa dispoñibles".

Estes foron adquiridos por compravenda, a través de Xestur-Coruña, e por un acordo acadado con 19 empresas que teñen parcelas nese ámbito "e un proxecto económico para desenvolver". En canto ao resto do terreo, ata acadar os 718.500 metros cadrados de superficie da primeira fase, serán adquiridos por expropiación.

Compartir: