Inicio Carballo ao día Hemeroteca Grande éxito do obradoiro de sexualidade...

OS CENTROS QUÉROTE, DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, ORGANIZARON A ACTIVIDADE E PROMOVERÁN OUTRAS AO LONGO DO 2008

Grande éxito do obradoiro de sexualidade que se impartiu a finais de ano en Carballo

Xoves 3 de xaneiro do 2008

No obradoiro, que tivo unha duración de catro horas, os inscritos atoparon un lugar idóneo onde recibir información e asesoramento sobre educación afectiva e sexual e onde poder comunicarse sin barreiras. O concelleiro de Xuventude, Marcos Trigo, asegura que a iniciativa dos Centros Quérote "tivo un grande éxito" e engadiu que espera que se poida repetir no futuro "porque este tipo de actividades son cruciais para mellorar a educación sexual".

Trigo Facal destacou, asemade, que as actividades promovidas polos Centros Quérote "seguirán chegando a Carballo ao longo do 2008". Tamén lembrou que o obradoiro sobre sexualidade sumouse a outras iniciativas desenvolvidas pola Concellería de Xuventude no pasado mes de decembro.

Neste sentido, citou as charlas sobre sexualidade e a SIDA destinadas aos alumnos de bacharelato dos centros do municipio ou o reparto de preservativos na zona de 'marcha' dentro do programa Carballo Movida Segura, iniciativa na que tamén colaboraron os Centros Quérote.

Compartir: