Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello pon en marcha un obradoiro para...

ESTA ACCIÓN FORMATIVA DESENVOLVERASE EN DOUS HORARIOS OPCIONAIS, DE MAÑÁN E DE TARDE, NO EDIFICIO DA LUDOTECA INFANTIL

O Concello pon en marcha un obradoiro para fomentar a solicitude da cita médica por internet

Martes 9 de xaneiro do 2007

O Concello de Carballo, a través da Concellería de Promoción Económica e en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información, pon en marcha un obradoiro para fomentar o uso de Internet na solicitude de citas previas co Centro de Saúde.

O Obxectivo principal desta acción formativa é fomentar o uso das Novas Tecnoloxías por parte da cidadanía para a súa relación coas diferentes Administracións Públicas; pero tamén axudar á desconxestión do propio Centro Médico ao facilitar que o servizo de cita previa, tanto para consultas como para receitas, se poida ofrecer sen ter que facer cola no Centro de Saúde ou esperar que a liña telefónica estea dispoñible.

O Obradoiro realizarase na aula informática, sita nas Antigas Escolas do Xardín (edificio da Ludoteca Infantil) os luns, mércores e venres de 12.00 a 13.00 h. e de luns a venres, en horario de tarde, de 17.00 a 19.00 horaS. Os que se acheguen con esta fin contarán, para levar a cabo os trámites precisos, coa axuda dunha persoa alí presente no horario sinalado; só precisan traer consigo a tarxeta sanitaria da persoa que precise a cita.

Os interesados e interesadas en acadar máis información poden chamar ao número 981 757 362 no horario anteriormente sinalado.

Compartir: